viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeNace unha nova asociación en Ponteareas, O Faiado, co obxectivo de ofrecer...

Nace unha nova asociación en Ponteareas, O Faiado, co obxectivo de ofrecer unha «programación cultural diversa»

Nace en Ponteareas ‘O Faiado’, unha nova asociación cultural creada por xente nova ante, según aseguran dende a propia organización «a escaseza de programación cultural diversa para todo o mundo e durante todo o ano».

O obxectivo principal da asociación é elaborar unha axenda cultural que abarque o ano enteiro, para xente de Ponteareas, e que ‘explote’ as capacidades e proxectos de xente da propia vila.

As actividades, en xeral, serán de balde, e pretenden promover diferentes accións como: rutas, charlas, teatro, música, etc.

A primeira actividade deu paso esta fin de semana, cunha ruta de 7km pola parroquia de Angoares, que califican de «todo un éxito» debido á acollida que tivo e á cantidade de xente que acudiu.

Dende a asociación adiántanos que a próxima actividade realizarase o 9 de novembro, e consistirá nun magosto que estará acompañado por xogos tradicionais, música, contacontos… «un evento para todas as idades», aseguran.

Para coñecer as súas actividades, podedes seguilos nas súas redes sociais – @ofaiadocultural -. Escoitamos a continuación a Mateo Soto, voceiro da Asociación Cultural O Faiado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS