A proba realizarase en Arteixo e A Coruña este martes 15 de outubro
A Axencia Galega de Emerxencias realizará este martes un simulacro de alerta masiva co sistema ES-ALERT en todos os teléfonos que estean na triangulación das antenas telefónicas dos concellos da Coruña e Arteixo este martes 15 de outubro.
Estímase que máis de 300.000 persoas reciban unha alerta sonota acompañada dunha vibración continua no seu teléfono, que só cesará pulsando «aceptar«. A alerta recibirano tanto as persoas censadas nestes dous municipios como aquelas que se atopen nesa área ás 10:00h do martes.
A mensaxe recibida non será vía SMS, se non parte dunha aplicación exclusiva programada tanto para Android como IOs, aplicable a todos os teléfonos, do sistema ES-ALERT. Este sistema, desenvolvido polo Estado en resposta á aplicación da normativa europea, permite asegurar a difusión das alertas a través da telefonía móbil, á poboación que poida verse afectada por calquer tipo de emerxencia.
Dende a Axencia Galega de Emerxencias, recordan que a súa misión é a prevención, co fin de que a poboación estea informada e saiba que facer ante un caso de emerxencia.