viernes, noviembre 22, 2024
InicioA terraA nosa culturaCiclo de concertos como homenaxe a Antonio Palacios no Porriño

Ciclo de concertos como homenaxe a Antonio Palacios no Porriño

O Centro Cultural Municipal e a igrexa de Santa María do Porriño serán os lugares encargados de acoller un ciclo de concertos que reunirá a músicos de gran renome co obxectivo de render unha homenaxe a Antonio Palacios e á rica tradición cultural da rexión.

Este ciclo desenvolverase do 19 ao 27 de outubro, dando comezo o sábado 19 ás 18:30h coa obra «O piano na obra de Reveriano Soutullo (1880-1932)» a cargo do pianista Alejo Amoedo Soutullo.

A seguinte data será ao día seguinte, o domingo 20 de outubro, coa presentación dos CDs «Saudades d’Alborada» e «No meu peito», que son unha recompilación de baladas e zarzuelgas galegas. O concerto contará coa participación da soprano Loli Crespo, o pianista Alejo Amoedo e o catedrático de Historia da Música Javier Jurado.

O ciclo continúa o luns 21 de outubro, co concerto «A mansión dos anxos. Música de salón de compositores pontevedreses do XIX e XX» e rematará o domingo 27 de outubro ás 19:00h na igrexa de Santa María cun concerto lírico.

Dende o concello animan ao público a asistir a este evento gratuito, que «non só é unha oportunidade para gozar da música, senón tamén para render homenaxe á figura de Antonio Palacios, un símbolo do patrimonio cultural do Porriño».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS