O Instituto Galego de Estatística (IGE) ven de publicar a Enquisa estrutural a fogares, coñecemento e uso do idioma galego que reflexa no seu informa que 7 de cada 10 persoas en Galicia comunícanse en lingua galega.
Así o presentou hoxe o secretario xeral da Lingua, Valentín García, durante a presentación das últimas novidades do portal Neofalantes.gal, a plataforma divulgativa e educativa posta en marcha en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para analizar o proceso de incorporción do uso do galego por parte das persoas que tiveron outro idioma como primeira lingua.
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude informou que o portal impulsado polo grupos Novos Medios «da un paso máis e pasa a converterse nunha rede social para neofalantes na que compartir experiencias». Valentín García destacou tamén que «os datos publicados, querecollen o resultado das entrevistas realizadas ao longo do ano 2023, afirman que un 69,25% da poboación que vive en Galicia relaciónase en lingua galega».
Ana Pontón asegura que cada vez «son menos os nenos e nenas que empregan o idioma galego»
Pola súa banda, a representante do grupo nacionalista valora de forma negativa o informe presentado e asegura que «a política de acoso e derribo do PP á lingua galega está poñendo en risco a supervivencia do idioma».
Pontón reclama a Rueda que «convoque de urxencia aos líderes das forzas polícas e que compareza no Parlamento».