viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeFalece un traballador tras caerlle unha rama dunha árbore en Cervo

Falece un traballador tras caerlle unha rama dunha árbore en Cervo

Un traballador perde a vida este venres en Cervo tras caerlle unha rama dunha árbore no municipio lucense de Cervo. O incidente ocorreu na estrada do embalse, en Rúa.

O 112 Galicia soubo do suceso pouco despois das 13:00 horas de hoxe, logo de que as urxencias sanitarias informasen que a unha persoa lle caera unha rama na cabeza. Ademais, indicaron que se encontraba nunha zona de difícil acceso, lonxe da ambulancia, polo que eran necesarios máis medios.

Sen esperar, os xestores do 112 Galicia avisaron aos Bombeiros de Viveiro, ao GES de Cervo, á Policía Local e á Garda Civil. Pouco despois, e tras tratar de reanimalo, o persoal sanitario indicou que o traballador falecera.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS