viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeO furacán Kirk deixa en Galicia refachos de vento de 150 quilómetos...

O furacán Kirk deixa en Galicia refachos de vento de 150 quilómetos por hora, cortes de luz e voos cancelados

O furacán Kirk chega con forza a Galicia. O aviso laranxa que emite Meteogalicia deixa na comunidade refachos que superan os 150 quilómetros por hora e ata 180 litros por metro cadrado. Ademais, cancelaronse conexións por aire coa capital do Estado, tamén na viaxe á inversa.

Neste contexto, a liña de Air Europa vén de cancelar ata seis conexións nos aeroportos de Vigo e da Coruña que conectaban co aeroporto de Barajas, en Madrid. En canto ao mar, o furacán deixa imaxes insólitas en portos como o de Vigo onde a auga aparece «embravecida» e onde se cancelou o transporte entre Vigo, Cangas e Moaña.

Pola súa banda, Galicia rexistra caída de árbores. Sobre todo, na AP9 e na A52 ao seu paso por diferentes municipios como é o caso de Ponteareas.

En Porto do Son, os fortes refachos de vento derrubaron parte do polideportivo do instituto. Canceláronse as clases neste centro e os parques están pechados.

Rías Baixas

A peor parte do furacán Kirk tócalle ás Rías Baixas. E é que Meteogalicia activa a alerta vermella por refachos de vento do sur de ata forza 10 en mar aberto.

As eléctricas da zona teñen rexistradas arredor dunha trintena de incidencias por problemas na subministración eléctrica. Nomeadamente, na comarca do Morrazo, pero tamén en outras, xa no norte de Galicia, como é o caso de Santiago de Compostela.

150 quilómetros por hora de vento

Kirk deixa valores máximos en Galicia en diferentes municipios da comunidade como é o caso de Vimianzo, Oia, As Neves, Lousame e Bueu. Nestas localidades, o vento acadou unha velocidade de ata 150 quilómetros por hora.

En canto á choiva, Lousame, Rois, Fornelos de Montes e Avión son os municipios onde máis se acumulou a auga con ata 80 litros por metro cadrado que, se agarda, se supere ao longo da xornada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS