viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísDeclarados catro novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica en explotacións bovinas das...

Declarados catro novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica en explotacións bovinas das provincias da Coruña e Lugo

A Xunta de Galicia notificou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) a detección de catro novos focos de Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE). Trátase de focos localizados nas comarcas veterinarias de Ortegal e O Sar Barbanza, na provincia da Coruña; e de Meira e Terra Chá-Vilalba, na de Lugo.  

Ao tratarse de focos localizados en provincias nas que xa se declarara a enfermidade en 2024, o diagnóstico laboratorial foi realizado exclusivamente polo Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural.

Con esta declaración, neste novo período estacional 2024 de circulación do vector transmisor, Galicia ten notificados focos en 39 comarcas veterinarias: 14 na provincia de Ourense (Maceda, A Limia, Ourense, Terra de Celanova, Baixa Limia, Verín, A Gudiña, Terra de Trives, Terra de Caldelas, Viana, Allariz,  O Carballiño, Valdeorras e O Ribeiro), 11 na de Lugo (Ancares, Sarria, Terra de Lemos Quiroga, Lugo, A Fonsagrada, Terra Chá-Guitiriz, Chantada, A Ulloa, Terra Chá Castro, Terra Chá-Vilalba e Meira), 7 na provincia de Pontevedra (Pontevedra-O Morrazo, Deza, Tabeirós-Terra de Montes, A Paradanta, O Condado, Baixo Miño e Caldas) e 7 na provincia da Coruña (Teixeiro, Terra de Melide, Santiago, As Pontes, Arzúa, Ortegal e O Sar Barbanza).

Así, o número de explotacións positivas confirmadas laboratorialmente sitúase en 1.674 e os animais positivos confirmados en 4.066.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS