O paso do temporal Kirk deixa a Vigo como un dos municipios de toda Galicia con maior número de incidencias
As autoridades policiais rexistraron nesta madrugada e no final da tarde de onte máis de 60 incidencias na cidade a causa do temporal. A maior parte delas trátanse de árbores caídas nas estradas e contedores de lixo entorpecendo o tráfico.
Detectáronse tamén rótulos, andamios e luces navideñas con risco de desprendemento, así como varias balsas de auga nas estradas.
As incidencias máis graves foron a necesidade de cortar o tráfico na rotonda da VG-20 debido a unha balsa de auga «con perigo para a circulación» e a caída dunha árbore cerca do Colexio Marcote, en Cabral, que obrigou a cortar a vía pública.
A primeira hora desta mañá, pechábase o tráfico na subida ao Castro, tras a caída de diversas árbores que quebraron obstaculizando o paso de vehículos.
Os equipos de emerxencia están traballando para poñer solución a todas as incidencias na cidade e, evitar a toda costa, os danos persoais.