O furacán Kirk deixou en Galicia máis de 500 incidencias relacionadas coa caída de árbores e outras desperfectos e, neste contexto, tamén apareceu o cadáver dunha balea de 15 metros nunha praia de Sanxenxo como consecuencia da oleaxe que provocou o fenómeno metereolóxico.
Deste xeito, a balea morta varou na praia de Pampaído durante o temporal que rexistrou a comunidade durante este mércores. Agora, está previsto que lle fagan a necropsia e, posteriormente, será retirada por Medio Ambiente da Xunta de Galicia, segundo apuntan desde a administración autonómica.
Esta balea deixarase ver hai uns días, durante a fin de semana, polas augas que discorren entre Sanxenxo e Poio.
Máis desperfectos
Ademais, o Servizo de Emerxencias de Sanxenxo tivo que facer fronte a outras incidencias relacionadas con Kirk como é o caso de retiradas de árbores. Unha delas caiu sobre unha vía en Nantes imposibilitando o paso.