martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasA Cañiza presenta a III parte do recopilatorio sobre a historia da...

A Cañiza presenta a III parte do recopilatorio sobre a historia da Igrexa Parroquial

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, acompañou ao Párroco de Luneda na presentación desta obra recopilatoria

Luis Piña acompañou esta mañá a Luis Manuel González Piñeiro na presentación do seu novo artigo. Este está publicado baixo o título «Pastoral, derechos parroquiales y el impacto de la revolución liberal. La configuración definitiva de la Feligresía de Santa María de Luneda (1821-1862)». A obra está editada para a revista de estudos tudenses «Castelum Tide» e que ven a completar os dous primeiros artigos. Estes son «Santa María de Luneda. Historia dunha iglesia Sanjuanista» e «Santa María de Luneda: evolución arquitectónica de una Iglesia Sanjuanista S.XVI-XXI».

Ademais, trátase dun novo artigo, en edición libro breve, no que se resume a configuración definitiva desta Feligresía e que recolle o acontecido nos períodos de 1821 a 1862. O Alcalde comprometeuse a achegar estos exemplares aos centros de ensino da Cañiza. Así mesmo, entrarán a formar parte dos fondos bibliográficos do Concello.

Segundo comentou González Piñeiro «todo comezou por mor de querer realizar unha listaxe de todos os curas que atenderon a parroquia de Luneda ao longo da historia, o que se coñece como Presbiterologio Lunedense, desde o ano 1640 en que se empezan a ter datos sobre a parroquia ata hoxe». Unha investigación que recupera o esquecemento de innumerables historias e acontecementos que agora todos poderemos coñecer a través das páxinas destes III artigos.

Deste modo, o alcalde Luis Piña agradeceu o xesto de Luis M. González de compartir e regalar varios exemplares ao Consistorio e felicitouno por este documentado traballo de investigación.

Artigos anteriores

Este traballo ven a completar o primeiro artigo publicado a finais de 2021, presentado na Alcaldía en febreiro de 2022. Unha obra impresa polo autor en formato libro, que «é o resultado dun traballo de investigación, iniciado o 25 de agosto de 2019, sobre a parroquia de Luneda«, afirma o autor. Luis Manuel González Piñeiro tamén engadiou que a obra se publica «coa intención de que non quede no esquecemento a moita historia do seu rural e non se perdan os acontecementos da súa memoria popular».

Tamén no Concello e da man do Alcalde o autor presentou en marzo de 2023 a segunda parte desta obra baixo o título «Santa María de Luneda: evolución arquitectónica de una Iglesia Sanjuanista S.XVI-XXI». Unha achega literaria que segundo Luis M. González nos permite “dar resposta á pregunta de qué ano é a Igrexa de Santa María de Luneda. Unha resposta que alberga máis de 300 anos de historia, escrita en moitos documentos que recollen a testemuña das diferentes reformas que experimentou”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS