As organizacións sindicais UGT e CCOO convocan ás traballadoras e traballadores do sector de transporte de mercancías, viaxeiros por estrada e transporte público urbano a participar en sete xornadas de folga programadas para os días 28 de outubro, 11, 28 e 29 de novembro e 5, 9 e 23 de decembro. A partir desta última data, a folga será indefinida.
O obxectivo da mobilización é reclamar a xubilacion anticipada dos e das conductoras profesionais debido á penosidade e peligrosidade da súa profesion, así como a posibilidade de que os convenios contemplen a posibilidade dunha xubilación parcial con contrato de relevo, de caracter voluntario para a persoa conductora.
Falamos con Martín Martínez, membro de UXT-Galicia, podes escoitar a entrevista a continuación.