jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeRueda anuncia un "plan de choque" para incrementar "rápidamente" a oferta de...

Rueda anuncia un «plan de choque» para incrementar «rápidamente» a oferta de vivenda e atallar a crise dos prezos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anuncia que o Goberno autonómico triplicará o próximo ano o orzamento destinado a chan residencial e a construción de vivendas públicas ata chegar a 126 millóns de euros para 2025.

Durante a súa comparecencia no Parlamento para explicar as liñas estratéxicas dos próximos orzamentos da Xunta, Rueda tamén adiantou que o Executivo autonómico lanzará unha serie de medidas legais de choque «para incrementar rapidamente a oferta de vivenda e atallar a actual crise de prezos».

Nesta liña, indicou que se van a reducir á metade os prazos de tramitación do novo chan residencial para vivendas protexidas -baixo o amparo da figura de proxecto de interese autonómico-; facilitarase a conversión de locais comerciais en vivendas sen necesidade de modificar o Plan Xeral de Ordenación Municipal e outorgarase durante un prazo de tres anos a cobertura legal para recuperar os edificios inacabados durante a crise económica.

Unha serie de medidas coas que a Xunta «busca avanzar no compromiso de duplicar o parque público residencial na presente lexislatura ata chegar aos 8.000 inmobles e facilitar o acceso á vivenda á poboación, en especial aos colectivos máis vulnerables«.

Medidas específicas para a mocidade

Rueda, que recoñeceu que a mocidade é un dos grupos con máis dificultades na actualidade para acceder a un fogar, anunciou tamén unha medida para mellorar a inserción laboral deste colectivo.

Neste contexto, a Xunta vai elaborar no 2025 a Estratexia Mocidade Activa, dotada de 20 millóns de euros para incentivar a contratación de xente nova e formala para mellorar a súa empregabilidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS