jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasRegresa o outono a Arbo con actividades e tradicións

Regresa o outono a Arbo con actividades e tradicións

Durante os meses de outubro e novembro haberá recoñecementos, degustación de produtos do mar, samaín, música, magosto e moitas outras actividades para tódolos públicos de forma gratuita

Un ano máis o Concello de Arbo, organiza o outono cultural. Este chega repleto de maxia, teatro e música para celebrar unha tempada repleta de actividades deseñadas para todas as idades. Os espectáculos comezarán o próximo 12 de outubro, desenvolveranse ata o 23 de novembro, e os arbenses e visitantes poderán gozar de actividades gratuítas en varios espazos do municipio.

As actividades arrancan coa Festa da Colleita de Sela os días 11 e 12 de outubro, organizada pola A.C Virxe do Carme de Sela. O Concello ten un acto público programada para o día 12, donde se descubrira a placa conmemorativa colocada na Feira en recoñecemento aos promotores, organizadores e colaboradores da Festa da Colleita. Ademais, será un homenaxe aos veciños e veciñas de Sela por ser capaces de manter vivas as tradicións da Vila de Arbo durante 50 anos.

Por outra banda, Arbo acollerá tamén en outubro a actividade Galicia sabe amar da Xunta de Galicia e a celebración do Samaín. Así mesmo, o Día 19 de outubro terá lugar na Praza do Mercado a actividade da Xunta. Dende ás 9.00 ata ás 15:00 horas, haberá degustación gratuitas de petiscos preparados con productos do mar galego. Ademais, para os máis cativos ó 31 de outubro de 17.00 a 20.00 horas terá lugar a Festa de Samaín no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo.

Actividades do mes de novembro

O 3 de novembro, a Praza do Concello celebrará, o VIII Magosto Popular, a partir das 17.00 horas, con castañas e chourizo gratis para todos os presentes, amenizado con música popular. Así mesmo, o 16 de novembro a Banda de Música de Arbo, honra a súa patrona co tradicional «Concerto de Santa Cecilia».

O Programa remata no auditorio do Centro Multiusos de Arbo e o 23, coa obra de teatro da Asociación Evaristo de Sela coa obra «Tres». «Esta é unha oportunidade para contemplar unha paisaxe que nesta época vólvese espectacular, non só nos campos e viñedos, senón tamén nos parques, carreiros. É unha boa época para descubrir Arbo, a súa gastronomía e as súas belezas naturais», asegura o alcalde, Horacio Gil.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS