martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeEntra en prisión o detido polo crime machista de Moaña

Entra en prisión o detido polo crime machista de Moaña

O acusado por homicidio da súa parella en Moaña ingresou xa no cárcere da Lama tras decretarse prisión provisional comunicada e sen fianza. A Garda Civil trasladouno directamente á Lama dende o hospital Povisa de Vigo, onde ingresara despois de precipitarse co seu coche ao mar en Moaña.

Os familiares da vítima, Faddoua Akkar, de 41 anos de idade, achegáronse este luns ao xulgado de Cangas. Faddoua Akkar chegou dende Marrocos hai dous anos e vivía na parroquia pontevedresa de Salceda co seu fillo de 13 anos. A familia asegurou nos xulgados que a muller non sabía nadar. A autopsia revelará se faleceu afogada ao caer no coche ao mar ou se xa morrera antes.

Do mesmo xeito, sinalaron que o detido e a vítima mantiñan unha relación sentimental dende hai uns nove meses. O acusado, de 47 anos de idade, ten antecedentes e xa estivera no cárcere por outro caso de violencia machista.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS