sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeDenuncian que Galicia ten "as segundas pensións máis baixas do Estado"

Denuncian que Galicia ten «as segundas pensións máis baixas do Estado»

O sindicato CIG convoca unha serie de concentracións para o xoves 10 de outubro nas grandes cidades galegas «en demanda dun sistema público de pensións forte que permita vivir con dignidade e sen penurias«.

Neste contexto, o sindicato lembra que en Galicia «temos as segundas pensións máis baixas de todo o Estado». Cifran a contía en 15 puntos menor que a media estatal polo que se trata de «173 euros menos ao mes».

No conxunto do territorio galego, a provincia que conta cunha pensión máis baixa é Ourense, segudo as cifras do sindicato CIG.

É por isto que consideran «imprescindible saír á rúa a reclamar unhas pensións públicas dignas».

Onde serán as concentracións?

A CORUÑA.- 11:00 horas, diante do INSS (Catro Camiños)
SANTIAGO DE COMPOSTELA.- 12:00 horas, Praza do Toural
FERROL.- 11.30 horas, diante do INSS (Rúa Catalunya)
LUGO.- 12:00 horas, Praza Maior, diante do Concello
OURENSE.- 11.30 horas, diante do INSS (Rúa Concello)
VIGO.- 11:00 horas, diante do Mercado do Calvario
PONTEVEDRA.- 11.30 horas, Praza da Peregrina

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS