domingo, noviembre 24, 2024
InicioNewsActualidadeSindicatos convocan folga xeral no transporte por estradas en outubro, novembro e...

Sindicatos convocan folga xeral no transporte por estradas en outubro, novembro e decembro

Os profesionais e as profesionais do sector do transporte paran. E é que os sindicatos de CCOO e UXT convocan unha folga xeral que comezará o próximo 28 de outubro e continuará en outros días sinalados como é o caso do Black Friday e, incluso, durante a campaña do Nadal.

Os profesionais e as profesionas do transporte por estrada piden que se materialice a promesa do Goberno central de reducir a idade de xubilación.

Deste xeito, haberá folga de transporte por estrada o día 28 de outubro, os días 11, 28 e 29 de novembro e tamén os días 5 e 9 de decembro, tamén o día antes de Noiteboa.

Os sindicatos avisan de que no caso de que non se chegue a un acordo a folga convertirase en indefinida.

Neste contexto, o secretario xeral de FSC-CCOO, Lucho Palazzo, explica que «pedimos ás patronais e ao Goberno que deixen de poñerse de perfil e asuman as responsabilidades». Ademais pide «paciencia e comprensión a cidadanía porque sairemos desta folga máis preto de cumprir cos nosos obxectivos».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS