viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasPorriño inicia as obras do novo parque infantil no Outeiro

Porriño inicia as obras do novo parque infantil no Outeiro

Este espazo de Atios contará con varios elementos como un tobogán de metro e medio de altura en caída, dous columpios, un balancín e unha mesa de xogos e instalarase tamén no recinto un parque biosaudable

O Concello do Porriño deu comezo xa as obras de construción dun novo parque infantil no Outeiro, en Atios. Este novo espazo, como o resto dos proxectados neste último ano no municipio, responde á necesidade de crear e mellorar as zonas públicas de xogo para cativada. Esta área de xogo estará situado no barrio dos Galegos, que non conta cun parque infantil.

O concelleiro de Parques Infantís, Marcos Martínez, explicou que neste momento acométese a formación dun firme de formigón para a preparación do terreo, que será cuberto por pavimento de céspede artificial antiestático.

A zona de xogo contará con varios elementos como o un tobogán de metro e medio de altura en caída, dous columpios e un balancín. Instalarase tamén unha mesa de xogos. No mesmo recinto, que estará valado para garantir a seguridade dos máis pequenos, habilitarase tamén un parque biosaudable con varios elementos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS