jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasPorriño inicia as obras da nova senda peonil da PO-510 en Budiño

Porriño inicia as obras da nova senda peonil da PO-510 en Budiño

Habilitarase un itinerario de 640 metros pola banda esquerda desta vía e reforzarán a seguridade e a mobilidade dos peóns nese treito e proximamente haberá outra senda na PO-407, no treito que vai ao colexio público Cruz Budiño

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, xunto coa delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este venres as obras de construción dunha nova senda peonil na parroquia de Budiño. Este itinerario habilitarase na estrada PO-510 para favorecer a seguridade da veciñanza nos seus desprazamentos a pé na zona da Vaquería. Esta actuación foi executada pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestructuras cun orzamento de máis de 250.000 euros.

As intervencións, deseñadas polo departamento de Infraestruturas da Xunta no marco do Plan de sendas de Galicia, centraranse en reforzar a seguridade e a mobilidade dos peóns. Acción necesaria xa que este treito de estrada ten unha densidade de tráfico moi elevada, alcanzando máis de 20.000 vehículos diarios.

En concreto, executarase unha senda cunha lonxitude de 640 metros pola banda esquerda da estrada de 1,80 metros de ancho con bordo. Ademais, contará cunha elevación con respecto á rasante da calzada de 10 centímetros, agás nos accesos ás vivendas ou fincas.

Nas beirarrúas, e onde así o indique a normativa de accesibilidade, colocarase pavimento táctil nos vaos peonís, para aumentar a seguridade con sinais que fomentan a inclusión. A actuación en execución tamén inclúe o acondicionamento da parada de autobuses e a substitución da marquesiña existente. Estas actuacións ofrecerán maior comodidade aos usuarios do transporte público.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS