jueves, noviembre 21, 2024
InicioO PaísA CoruñaO PP preside a comisión da investigación polos contratos da Xunta

O PP preside a comisión da investigación polos contratos da Xunta

A comisión de investigación sobre a contratación pública da Administración Autonómica quedou constituída esta mañá no Parlamento de Galicia coa deputada do PP Elena Candia como presidenta.

A Comisión de investigación sobre os contratos da Xunta foi creada a petición do BNG co respaldo do PSdeG e ten como obxectivo investigar os contratos da Xunta nos últimos anos.

A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou que o BNG presentará un “plan de traballo rigoroso para poñer luz e taquígrafos aos contratos realizados polo Goberno do PP con empresas afíns», logo da constitución da comisión de investigación parlamentaria sobre a contratación pública da Xunta vetada inicialmente polos populares pero que, subliñou, foi constituída finalmente “grazas aos 25 deputados e deputadas”.

O partido nacionalista presentou como candidato á presidencia o deputado Luís Bará, que finalmente será o secretario da comisión cos votos do seu partido e do PSdeG, e a vicepresidencia vaina ocupar a deputada do PP Carmen Pomar, quen, do mesmo xeito que Candia, tivo o apoio dos nove votos do seu partido.

Sobre a elección da mesa da comisión, tanto a líder o BNG como o secretario xeral do PSdeG lamentaron que o PP “non permita que sexa presidida pola forza que a impulsa, sendo o deputado Luís Bará candidato á presidencia da mesa».

A próxima semana prevese que se establezan as normas de funcionamento e o plan de traballo nun novo encontro, a pesar de que todavía non existe convocatoria oficial.

Besteiro explicou que «o seu partido pedirá as comparecencias de Rueda e Núñez Feijóo», ao igual que o BNG, «xa que ambos estiveron ao mando das xestións».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS