viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsComarcasMobilizados 360.000 euros da Deputación para impulsar investimentos en Bueu e Nigrán

Mobilizados 360.000 euros da Deputación para impulsar investimentos en Bueu e Nigrán

Actualmente xa están case distribuídos os case 50 millóns de euros do Plan +Provincia, que está destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar en Xunta de Goberno destinar máis de 360.000 euros para que Bueu e Nigrán impulsen novos investimentos ao abeiro da liña 1 do Plan +Provincia.

O presidente Luis López explicou que a institución segue “tendendo pontes cos concellos” grazas a este plan “que está a transformar a vida das veciñas e veciños dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia“ e do que xa está “practicamente repartida” a totalidade dos 48,2 millóns de euros cos que estaba dotado.

En concreto, o Concello de Bueu contará con 60.000 euros para levar a cabo a repavimentación da Rúa Staffan Mörling e o acondicionamento do aparcamento público situado diante do pavillón Pablo Herbello, maximizando o espazo dispoñible e implantando un total de 45 prazas, tres delas para persoas con discapacidade.

Por outra banda, Nigrán beneficiarase de 360.000 euros para executar as obras das redes de saneamento e de abastecemento na Pateira. Actualmente esta rúa, que une a dos Pazos coa igrexa de San Fiz, carece de saneamento e, nalgúns dos seus tramos tampouco hai traída de auga. O propósito é conectar a rúa coa rede existente, repoñendo a continuación o pavimento afectado.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS