viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeAnpa, profesorado e alumnos do IES Val Miñor reclaman un profesor máis

Anpa, profesorado e alumnos do IES Val Miñor reclaman un profesor máis

A comunidade educativa do IES Val Miñor de Nigrán concentrouse na mañá de onte ante as instalacións do centro educativo co fin de esixir á Consellería de Educación a cobertura dunha praza de profesor para o IES.

Tras os acordos adoptados na asamblea xeral extraordinaria celebrada o 25 de setembro, a ANPA do IES Val Miñor decidiu mobilizare polo desacordo coas decisións adoptadas polo Servizo de Inspección Educativa e o Director Territorial, tras «o erro» cometido pola Consellería de Educación na xestión do cupo do profesorado do centro para o curso 24-25.

Dende a asocación aseguran que esta decisión «supuxo un grave prexuízo para a atención á diversidade do alumnado, para a calidade da oferta educativa do centro, para o profesorado e, tamén, unha falta de respecto para o traballo realizado polo equipo directivo».

O malestar da comunidade educativa do IES Val Miñor non ten como única consecuencia a falta de profesorado, se non que tamén manifestan sentirse «desatendidos por parte do Servicio de Inspección Educativa e da Dirección Territorial, xa que non informaron da intención de non cubrir esa praza ata o inicio do curso escolar».

Por todo isto, e debido ao seu descontento, o pasado xoves día 3 de outubro, a ANPA, acompañada por pais e nais dos alumnos, profesorado, os propios alumnos, o alcalde de Nigran, Juan González e a concelleira da área, Estela Pérez concentráronse ás 8:30h da mañá diante do edificio do IES Val Miñor.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS