A estación de montaña de Manzaneda xa puxo os motores en marcha de cara á nova tempada invernal coa posta a punto de todas as súas infraestruturas.
A organización informou que xa están instalados os 29 cañóns de fabricación de neve para polos en funcionamento en canto as condicións meteorolóxicas sexan adecuadas. A estación prevé que a apertura oficial da tempada de inverno sexa entre o 22 e o 29 de novembro.
Tras a revisión definitiva por parte dos técnicos da empresa italiana Damaclenko, quen instalou os cañóns, a organización informou que están preparados para a apertura.
Do mesmo xeito, procedeuse tamén á preparación das balsas de auga, onde a superior xa está chea e a segunda en camiño.
Por outro lado, cabe destacar que a estación pecha un verán de «cifras históricas», segundo catalogaron dende a dirección, tras unha vintena de eventos deportivos e máis de 8.000 nenos e nenas nos campamentos estivais.