jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísÚltimos días para inscribirse na edición "máis ambiciosa" de Xuventude Crea

Últimos días para inscribirse na edición «máis ambiciosa» de Xuventude Crea

O prazo de inscrición desta iniciativa, que busca fomentar o desenvolvemento artístico e poñer en valor o talento dos mozos galegos de entre 16 e 30 anos, está aberto ata o día 10 deste mes a través da sede electrónica da Administración Autonómica

A iniciativa, que pecha o seu período de inscricións o día 10 deste mes, é unha oportunidade para que os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos poidan mostrar o seu talento artístico. Así, Xuventude Crea funciona como un canal de difusión e recoñecemento co que a consellería de Cultura, Lingua e Xuventude busca poñer en valor o talento galego. Tamén ten como obxectivo vez estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, presentou esta mañá, xunto á directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, o programa Xuventude Crea. Reguera sinalou a importancia de “fomentar a expresión artística dos mozos e mozas galegos” e lembrou que “Galicia é historicamente unha terra de artistas. Nos últimos anos está a acentuarse grazas a iniciativas como Xuventude Crea e a que moitos inversores privados ven na nosa terra un lugar ideal para desenvolver os seus festivais e eventos culturais”.

Pola súa banda, Meneses lembrou que, como novidade, este ano “a iniciativa está aberta ás persoas galegas residentes no exterior, que poderán viaxar a Galicia en caso de que cheguen á fase final grazas á Estratexia Galicia Retorna”. As inscricións poden facerse a través da sede electrónica da Administración Autonómica.

Especialidades

O Xuventude Crea 2024 contará con 16 categorías, dúas máis que o ano pasado. Así incorpórase a modalidade de DJ e creación de contido, atendendo aos intereses actuais da xente moza. Ademais, dentro da especialidade de teatro créanse dúas seccións con cadanseus recoñecementos. O apartado Amador está aberto a grupos de teatro xuvenís vinculados a centros de educación secundaria, grupos amadores ou escolas municipais, entre outros.

Por outra banda, o apartado Pro está destinado a compañías de nova creación, profesionais emerxentes e grupos formados por alumnado ou egresados da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia. Cómpre sinalar que neste último, ademais do premio económico, o Centro Dramático Galego poderá apoiar ás persoas ou compañías gañadoras impulsando o lanzamento do seu proxecto artístico.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS