martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasRoteiros, música e baile para celebrar o turismo no Porriño

Roteiros, música e baile para celebrar o turismo no Porriño

O Porriño prepárase para recibir a peregrinos e turistas nunha celebración única: a Festa do Peregrino e do Turista. Trátase dun programa no que se recollen diferentes actividades co obxectivo de que a festa se desenvolva na praza Arquitecto Antonio Palacios e estenderase por todo o centro urbano, convertendo a vila nun perfecto escaparate da cultura e a tradición galega.

A xornada comezará ás 12:00 horas cun divertido photocall do Camiño de Santiago, onde todos os asistentes poderán inmortalizar o seu paso por este máxico roteiro. Ás 16:30 h, os visitantes terán a oportunidade de participar nos roteiros guiados Antonio Palacios, que se levarán a cabo en seis quendas de 35 persoas cada unha, saíndo cada media hora desde a Botica Nova.

Dende o Concello apuntan que «a inscrición será por orde de chegada«.

A partir das 17:00 horas, a praza encherase de vida con obradoiros participativos dirixidos a turistas, onde poderán aprender sobre o rico patrimonio cultural de Galicia. Haberá un obradoiro de baile tradicional galego e outro de música e canto tradicional, perfectos para aqueles que desexen mergullarse nos costumes.

A festa culminará ás 20:30 horas coa actuación na praza de Pan.Sen.Fron, que «promete facer vibrar a todos os asistentes coa súa música». A continuación, sesión con DJ Mus.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS