miércoles, enero 22, 2025
InicioNewsActualidadeO sector da automoción de Galicia alerta dun "futuro incerto"

O sector da automoción de Galicia alerta dun «futuro incerto»

Os sindicatos do sector automobilístico de Galicia pretenden sensibilizar aos cadros de persoal das «graves ameazas» que enfronta o sector e alertar as empresas da incertidume que teñen por diante.

Tras varias mobilizacións no Concello de Vigo, na Xunta e en Stellantis, nesta ocasión a CIG-industria convocou o pasado martes 1 de outubro concentracións simultáneas en todas as compañías da automoción de Vigo, Pontevedra e Ourense co fin de sensibilizar aos traballadores e traballadoras sobre a actual problemática do sector e alertar ás empresas ante o «futuro incerto» que teñen por diante como consecuencia da parálise na industria do coche eléctrico, do «escurantismo» de Stellantis respecto dos plans para a planta de Vigo e da falta dunha política industrial por parte da Xunta.

As mobilizacións desenvolvéronse entre as 13:00h e as 14:00h, coincidindo cos cambios de quenda, ás portas dun total de 24 compañías da industria.

Dende a CIG aseguran que «as compañías son tamén cómplices co seu silencio desta política que ameaza a supervivencia dunha industria estratéxica para o país e fundamental para estas tres comarcas».

Pola súa banda, o sindicato UGT FICA reuniuse este mércores 2 de outubro en asamblea con delegados e delegadas de UGT pertencentes ao conxunto do ecosistema do sector co fin de facer un chamamento ás distintas administracións públicas para que, no proceso de transformación que vive a industria automobilística do noso páis, aposten «por unha transición xusta e ordeada situando ás persoas traballadoras no centro das políticas».

Dende o sindicato aseguran «facilitar axudas a todas as empresas do ecosistema que precisen facer inversións para adecuarse ao novo futuro, pero esiximos que estas axudas estén ligadas unhas condicións laborais e á participación do conxunto de traballadores e traballadoras».

Escoitamos a continuación a entrevista realizada a Xoan Xosé Bouza, membro do sindicato CIG e de seguido a Rubén Pérez, secretario xeral de UGT FICA Vigo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS