A comunidade galega xa non está en ningún aviso meteorolóxico a causa das choivas ou temperaturas. Deste xeito, Galicia aumenta a influencia anticiclónica e a xornada transcurrirá sen choivas de forma xeral aínda que si con ceos cubertos nalgúns puntos da comunidade.
Pola súa banda, as temperaturas mínimas sufrirán un pequeno descenso mentres que as máximas ascenderán lixeiramente, segundo Meteogalicia.
Prevese que as temperaturas cheguen ata os 24 graos en Ourense e Pontevedra e os 23 en Lugo, Vigo e Ferrol. Coruña a estimación será de 21 graos de máxima.
De cara á fin de semana, espéranse choivas nalgunhas zonas do territorio tanto o sábado como o domingo, pero as temperaturas oscilarán entre os 14 e os 24 graos.