viernes, octubre 18, 2024
InicioO PaísA CoruñaGalicia acada as cifras máis baixas de desemprego feminino desde 2005

Galicia acada as cifras máis baixas de desemprego feminino desde 2005

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, respondeu na Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego a dúas preguntas sobre a evolución do emprego en Galicia

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, puxo en valor a eficacia das políticas activas de emprego da Xunta, que se reflicten nos bos datos do mercado laboral. Este vén de rexistrar o mellor mes de setembro de toda a serie histórica e no que tamén se acadan as cifras máis baixas desde 2005 de desemprego entre as mulleres. Fíxoo hoxe no marco da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento, onde respondeu dúas preguntas. As cuestións xiraban arredor da creación de emprego feminino e a valoración das medidas postas en marcha polo Executivo no eido do traballo.

Ademais, Pablo Fernández salientou que para o Goberno galego é unha prioridade promover a presenza e igualdade efectiva de homes e mulleres no mercado laboral. Isto está reflexado, según o secretario xeral, na transversalidade das políticas activas de emprego desenvolvidas polo Executivo. Con respecto a este punto relaciónanse ás liñas de axudas á contratación como ás de impulso do emprego autónomo.

Neste contexto, puxo en valor o programa Galicia Emprega, cunha liña específica para a contratación indefinida de mulleres dotada de 7 millóns de euros. Tamén destacou a orde pioneira lanzada este ano para impulsar a contratación de mulleres desempregadas en sectores tradicionalmente masculinizados. Esta é unha medida dotada de preto de 1,7 millóns de euros coa finalidade de contribuír a incrementar as baixas taxas de ocupación en ditas ocupacións. Así mesmo, Pablo Fernández subliñou o éxito desta iniciativa, que prevé élevar ás 100 o número de mulleres beneficiadas.

Emprendemento feminino

Así mesmo, o secretario xeral puxo en valor que fomentar o emprendemento feminino é unha das liñas básicas de actuación da Xunta de Galicia. Fernández destacou o papel da Rede de polos, na que xa se asesoraron máis de 2.400 proxectos, aproximadamente o 60% dos mesmos impulsados por mulleres. Ademais, lembrou que este ano se levan destinado máis de 50 millóns de euros ao colectivo de autónomos, con impacto directo en máis de 3.000 mulleres.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS