viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeArbo amplia o programa de compostaxe doméstica para 2024

Arbo amplia o programa de compostaxe doméstica para 2024

O Concello de Arbo, fará entrega de composteiros individuais, entregados por SOGAMA, a todos aqueles veciños e veciñas de Arbo, que todavía non o solicitasen.

Esta nova campaña, ten por obxecto estender as prácticas de autocompostaxe a distintas vivendas unifamiliares do municipio de cara a lograr unha xestión máis sostible do lixo.

A función dos composteiros, con capacidade para 400 litros e fabricados con materiais reciclados e reciclables, é posibilitar a fermentación controlada dos restos orgánicos para a súa transformación en compost, un abono natural con excelentes propiedades fertilizantes para o solo e que se vén aplicando na agricultura e a xardinería.

Os interesados en obter algún dos composteiros deberán solicitalo nas oficinas municipais do Concello de Arbo, e serán entregados por orde de Rexistro de Entrada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS