jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísA estratexia turística de Rías Baixas destaca na IV Convención anual de...

A estratexia turística de Rías Baixas destaca na IV Convención anual de Turespaña

A deputada de Turismo, Nava Castro, participou nunha mesa de debate na que destacou a innovación do destino mediante o reforzo da formación en competencias dixitais e a aplicación de modelos de intelixencia artificial

A Deputación de Pontevedra acaba de participar en Tenerife na IV Convención anual de Turespaña que se celebrou en Arona. No encontro, a deputada provincial, Nava Castro, expuxo as estratexias turísticas de Rías Baixas para acadar unha posición de referencia a nivel nacional. Fíxoo nunha mesa de debate na que participou o presidente de Segittur, Enrique Martínez, e a deputada de Turismo da Deputación de Cáceres, Elisabeth Martín. Tamén interviñeron o vicepresidente da comisión Smart Cities de AMETIC, John Mora, e o concelleiro de Turismo de Santander, Francisco Arias.

“No marco da Estratexia Rías Baias 61 temos apostado pola innovación do destino mediante o reforzo da formación en competencias dixitais ou a aplicación de modelos de intelixencia artificial”, remarcou Castro. Neste eido, a deputada incidiu na importancia da xestión intelixente do destino Rías Baixas para comprender as necesidades dos turistas e as súas preferencias. Este tipo de información permite ao sector adaptar, innovar e modernizar as estratexias turísticas.

A deputada explicou as innovacións que está a liderar a Deputación de Pontevedra como Destino Turístico Intelixente. Destacou tanto os avances en canto ás ferramentas tecnolóxicas como no fomento da interoperabilidade entre administracións e axentes turísticos. Neste eido recordou a posta en marcha da dixitalización da rede de oficinas Info Rías Baixas e a conversión da oficina principal do Palacete das Mendoza nun moderno welcome center. Tamén fixo fincapé na xestión dos contidos, nos tótems e mapa interactivos, na app móbil desenvolvida ou na sinalización turística intelixente.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS