viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoO Espazo Crianza do Rosal abre de novo as súas portas

O Espazo Crianza do Rosal abre de novo as súas portas

O Concello ofrece este servizo gratuíto de acompañamento na crianza para embarazadas e familias con bebés de 0 a 6 meses

O Rosal estrea un novo curso do seu Espazo Crianza. Este é un espazo de encontro impulsado polo Concello para ofrecer apoio, información e aprendizaxe ás mulleres embarazadas e ás familias con bebés ata os 6 meses. Este servizo gratuíto de acompañamento na crianza ofrece “unha oportunidade única para vivir a crianza dun xeito respectuoso e consciente. Tamén ofrece unha contorna de confianza e libre de xuízos, unha canle de comunicación que dará ferramentas para enfrontar esta nova etapa”, como sinala a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

O Espazo Crianza comezará o 9 de outubro e abrirá as súas portas os mércores alternos dividido en dous grupos. De 16.30 a 17.45 horas será o horario para embarazadas e de 18.00 a 19.15 horas para as familias con bebés de 0 a 6 meses. En cada sesión abordaranse diferentes temáticas a través de contidos teóricos e dinámicas prácticas que se adaptarán ás necesidades dos participantes.

Por unha banda, o grupo de «Acompañamento na xestación consciente» axudará ás futuras nais a prepararse para un parto consciente. Tamén estarán fondando nos cambios físicos e psicolóxicos do embarazo. Nestas sesións ademais insanaranse posturas para aliviar a dor e técnicas de preparación para o parto ou o postparto en compañía.

Pola súa banda, as sesións para familias con bebés estarán centradas en fomentar unha crianza respectuosa. Ademais, proporcionarán ferramentas para entender mellor as necesidades dos nenos, dende as primeiras horas de vida e as probas de cribado dos primeiros días. Así mesmo, trataranse hábitos hixiénicos ata cuestións como a alimentación do bebé ou a estimulación para o seu desenvolvemento.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS