O acto de conmemoración do 40 aniversario da recuperación da peregrinación polo Camiño Portugués tivo lugar hoxe. Alfonso Rueda, o presidente da Xunta destacou neste evento o gran momento que está a vivir esta Ruta Xacobea. O Camiño Portugués é a que más medra -a razón dun 9% anual e dun 42% na súa variante pola Costa- e cada vez con maior peso internacional, cun 60 % dos peregrinos procedentes doutros países.
Rueda agradeceu neste evento o labor de entidades como a Asociación dos Amigos dos Pazos. Este agradecemento débese á colaboración nas últimas décadas coa Xunta para impulsar e revitalizar esta ruta de peregrinación cara a Santiago. Ademais, o Camiño Portugués destaca por afondar nas relacións socioculturais entre Galicia e Portugal.
“O Camiño Portugués está facendo que esa Galicia potente, esa Galicia Calidade que queremos ensinar ao mundo teña o mellor dos escaparates”, salientou o presidente da Xunta. Esta ruta que transcorre polo país veciño, xunto coa súa variante pola Costa son o segundo e o terceiro itinerario xacobeo máis transitados. No que vai de ano foron recollidas máis de 139.000 compostelas en ambas rutas. Estos camiños contan con 11 albergues públicos que ofertan preto de 500 prazas.
Durante o acto fíxose entrega das Vieiras de Honra ás persoas que en 1984 peregrinaron de Braga a Santiago para recuperar esta ruta xacobea. Neste acto o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos. Rueda fixo fincapé no gran futuro que ten este Camiño e defendeu un modelo de turismo que permita seguir medrando “con esa esencia que o Camiño nunca pode perder”, protexendo aquelo que singulariza a Galicia e promovendo a desestacionalización.