O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe unha reunión de traballo con empresas operadoras adheridas ao selo de calidade Artesanía Alimentaria. Esta actividade foi celebrada no Pazo de Quián de Sergude, no concello coruñés de Boqueixón, e nela coordináronse e planificáronse catro mercados. Estes estarán repartidos polas provincias galegas e levaranse a cabo durante o último trimestre deste ano. O obxectivo é promocionar as elaboracións dos artesáns adheridos a este distintivo de calidade.
Na reunión acordouse co sector que estes mercados de Artesanía Alimentaria se
celebrarán en Vigo, Ribadavia, Luego e Santiago de Compostela. O da provincia de Pontevedra terá lugar do 22 ao 24 de novembro. O próximo, do 5 ao 8 de decembro será o de Ribadavia. A provincia en Lugo acollerá o mercado do 12 ao 15 de decembro e o último destino será Santiago de Compostela do 19 ao 22 de decembro.
O selo de Artesanía Alimentaria creouse co obxectivo de procurar un sector estruturado en concordancia dos requisitos establecidos pola Unión Europea. A súa finalidade é protexer o facer dos artesáns, defendendo a súa profesión ante etiquetaxes enganosos. Tamén é esencial a conserva e preserva das elaboracións de produtos artesanais tradicionais, tan arraigados á cultura galega.
Actualmente, Artesanía Alimentaria conta con algo máis de cen operadores inscritos e estanse a tramitar solicitudes para incorporar novos á lista de empresas certificadas. Estas deberán estar ligadas a algunha das 16 normas técnicas aprobadas para a produción e elaboración destes produtos. Ao mesmo tempo, estanse a elaborar novas normas técnicas que permitirán a incorporación de máis empresas operadoras, xa que os artesáns encádranse nalgunha delas.