viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeGalicia rexistra a cifra de paro máis baixa do mes de setembro...

Galicia rexistra a cifra de paro máis baixa do mes de setembro dende 1996

O mercado laboral de Galicia continúa á alza e acada, con 120.992 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de setembro de toda a serie histórica (desde 1996). Ademais, a comunidade galega rexistra 1.085.846 persoas afiliadas á Seguridade Social, a cifra máis alta nun mes de setembro desde o ano 2008 e que aumenta en 14734 persoas en relación co mesmo mes do ano pasado.

Así o indicou hoxe o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, na
valoración realizada en relación cos datos de paro rexistrado e de afiliacións, na que subliñou «que setembro é un mes no que adoita subir o paro debido á finalización de moitos contratos temporais», como acontece tamén ese ano na evolución mensual, cunha lixeira suba do 1,95%.

O titular de Emprego insistiu en «valorar as cibras dende o punto de vista da súa evolución. En termos anuais, o desemprego en Galicia baixa nun 7,39% e en relación co conxunto de España e con setembro de 2023, diminúe a un ritmo maior, superando a baixada do Estado en 1,98 puntos».

Reacción de sindicatos

Os sindicatos galegos coinciden na lectura de que a redución das persoas afiliadas á Seguridade Social e o aumento do número de inscritos no SEPE no mes de setembro, son unha clara sinal da problemática que sofre Galicia cada ano, unha vez rematada a temporada estival, e á que hai que poñer solución.

Dende a Confederación Intersindical Galega (CIG) aseguran que «as estatísticas do mes de setembro amosan claramente o carácter estacional da economía galega, unha eiva que a última reforma laboral aprobada polo Goberno español non foi quen de reducir». Aseguran ademais, «a necesidade dun cambio no modelo produtivo que pase por reducir a dependencia da economía galega do sector servizos, en especial das actividades máis precarias como a hostalaría ou o turismo».

Pola súa banda, o sindicato UGT, insiste «en que os seguintes pasos deben ser por unha banda, a reforma do despido, reformando os seus custos e as causas, para que se adapten ás disposicións da Carta Social Europea e garantan o dereito dos traballadores e traballadoras; pola outra, a redución da xornada laboral a 37,5 horas semanais sen diminución salarial, unha medida que, ademais conlevaría unha mellor redistribución das horas traballadas reducindo os elevados niveis de subemprego».

Do mesmo xeito, dende Comisións Obreiras (CCOO) fan fincapé en que «o paro medra en todos os sectores de actividade, +1,491 nos servizos, +617 no colectivo sen emprego
anterior, +128 na industria, +74 no sector primario e +4 na construción». «Xerando deste xeito un problema global en todos os sectores do traballo galego»

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS