A Xunta activa o Plan de Protección Civil por accidentes con vehículos de transportes especiais, Transgal, co fin de controlar e xestionar o derrame da carga de varias garrafas en Vigo, no Polígono de Valadares.
O accidente tivo lugar na rúa do Cabreiro, en Beade, dez minutos despois das 9:00 horas.
Debido a esta situación, a Policía Local indicou que se levou a cabo un corte de tráfico puntual, aínda que arestora xa está restablecida a circulación.
Pola súa parte, os Bombeiros de Vigo explicaron que o vertido era un total de cinco litros. O accidente produciuse na descarga de garrafas desde o camión que as transportaba, momento no que caeu parte da carga e se derramou o seu contido: formaldehido.
Aínda con todo, os equipos de emerxencias sinalaron que a situación atopábase baixo control.
Este operativo conformouse logo de recibir o aviso no 112 Galicia. Quen informou do suceso foi a propia persoa que ía realizar a descarga. Logo da información proporcionada en relación ao vertido, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias puxeron en marcha todos os protocolos de actuación sobre a emerxencia.