jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasO Concello de Salvaterra de Miño saca a concurso as obras do...

O Concello de Salvaterra de Miño saca a concurso as obras do Pavillón Municipal

O complexo deportivo Cándido Carrera contará cunha instalación fotovoltaica e substitución de luminarias

O Pavillón Polideportivo Municipal de Salvaterra de Miño contará cunha obra subvencionada polo fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local destinado aos Concellos de Galicia. Esta financiación da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes será dun importe de máis de 60.000 euros.

Con esta obra implantaranse paneis solares fotovoltaicos para a xeración de enerxía eléctrica para a alimentación da iluminación e da xeración de enerxía térmica para os acumuladores de auga quente sanitaria ACS. Ademais substituiranse as luminarias da pista deportiva, por luminarias de maior eficiencia con tecnoloxía LED.

Con estas medidas o Concello pretende adecuar os niveis de iluminación ás necesidades visuais, mellorar a eficiencia e o aforro enerxético. Isto traerá a conseguinte disminución de emisión de gases de efecto invernadoiro e reducir os gastos derivados do consumo eléctrico e de mantemento das instalacións.

En definitiva, modernízanse as instalacións, adaptándoas ao uso de enerxías menos contaminantes e renovando o alumeado. Esta modernización conleva a adaptación do edificio á normativa vixente buscando unha maior eficiencia, tanto económica como enerxética, disminuíndo a emisión de CO2 á atmósfera. Esta acción enmárcase dentro das liñas de actuación aprobadas no Plan de Acción polo clima e a Enerxía Sostible aprobado polo Concello de Salvaterra de Miño no ano 2022.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS