Será a través dunha subvención de case 64.000 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
Tomiño continúa coas melloras progresivas nas diferentes estradas e camiños rurais que forman parte do municipio.
O Concello ven de captar unha nova subvención concedida pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños rurais 2024-2025.
Os traballos contarán cun orzamento total de case 64.000 euros que dividiranse, por un lado, preto de 31.000 para a anualidade de 2024 e por outro, 33.000 para o ano 2025.
O investimento estará sufragado a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rural (FEADER), do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e da Xunta de Galicia a través da AGADER.
Este financiamento permitirá ao Concello seguir mellorando o mantemento dos centos de quilómetros de camiños rurais. Grazas a esta iniciativa poderase levar a cabo unha mellora importante para a calidade de vida da veciñanza.