A compañía eléctrica premiou á asociación deportiva cn 50.000 euros por favorecer á igualdade de xénero a través das prácticas deportivas
O Club de Balonmán Cañiza, cuxo equipo sénior feminino, integrado por 18 deportistas femininas, acompañadas do seu corpo técnica encabezado polo seu diretor xeral, Ismael Lago, inauguraron as novas instalacións de entrenamento do plantel, a primeira que compite dende fai dúas tempadas en División de Honra Plata Feminino, a segunda categoría a nivel nacional.
A asociación deportiva resultou premiada o pasado mes de novembro co Premio Iberdrola Supera Competición, un galardón promovido por Iberdrola por cuarto ano consecutivo co que se pretende impulsar proxectos e iniciativas que fomenten a igualdade de xénero a través da práctica deportiva feminina. Ao acto asistiron tamén representantes de Iberdrola, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, o presidente do club, Marcos Estévez e o deputado provincial de Xestión Tributaria, Patrimonio, Formación e Emerxencias, Alejandro Lorenzo, así como un centenar de veciños do municipio que non quixeron perder a inauguración do esperado ximnasio ubicado no interior do pavillón polideportivo da Cañiza.
O Club de Balonmán Cañiza optou ao primeiro premio da compañía eléctrica tras competir con 900 candidaturas das que tan só foron premiadas seis. O seu proxeto «La fuerza del deporte femenino en el rural» recoñece o seu labor e esforzo pola incorporación da muller á competición. O galardón serviulles para poñer en marcha a nova zona de entrenamento do primeiro plantel. Co recoñecemento de Iberdrola, dotado con 50.000 euros, o club galego vai facer realidade un dos seus soños: acondicionar un espacio con máquinas e material deportivo á altura da calidade e categoría das xogadoras. Do mesmo xeito, o importe do premio serviulles para acondicionar o espazo. Un dos obxectivos do club é seguir levando este deporte ao rural e fomentalo entre a poboación feminina.
Tras a inauguración do recinto e a proxección dun vídeo, onde non faltou a emoción das xogadoras que a partir de agora poderán adestrar para seguir competindo no máis alto, o equipo demostrou a súa valía no primeiro partido de liga no campo local contra o HandVall Valladolid.