Chega o festival máis rockeiro das Festas do Cristo do Porriño, con catro bandas en directo na praza de San Sebastián a partir das 20 horas
O vindeiro sábado 28, dentro da programación das Festas do Cristo, O Porriño celebrará a X edición do Montando Cristo Festival, un festival de Rock que terá lugar na praza de San Sebastián a partir das 20:00 horas. Os grupos convidados para esta X edición son Stoned at Pompeii, Zålomon Grass, No One Alive e Septiembre Negro, todos eles xa veteráns do festival e que prometen facer vibrar ao público asistente.
O Montando Cristo Festival nace no 2014 para dar espacio a música en directo de rock emerxente e independente.
Stoned at Pompedii
A banda viguesa está formada por músicos con ampla experiencia en escenarios de toda Europa. Stoned at Pompedii ten colaborado con artistas como Luis Tosar & Di Elas, Broken Peach e Aphonnic, entre outros, e participado en festivais como Rock in Rio Tea e Resurrection Fest.
Na súa discografía contan co seu álbum “Ancroidal” (2017), galardoado como Mellor Disco por Maketón Los 40 Principales e Mellor LP Galego; o EP en directo «Live Streaming & Acoustic» (2021); e o seu novo LP «Blissphony» (2024).
Zålomon Grass
Este trío formado por Gabriel McKenzie, David Rodd e Mauro Comesaña, busca sacarnos da monotonía diaria cun son inspirado no Rock setentero, mesturado con metáforas e historias de liberación no seu propio universo espacial.
The EP “The Four Track” e a mediometraxe audiovisual «Three Hundred Years», preceden ao seu primeiro LP «Space Opera», gravado nos estudios Guitar Town de Hendrik Rover Logo de percorrer a península e actuar no festival de Jazz de Montreux (Suíza), a banda está traballando no seu próximo disco.
No One Alive
A banda creada en 2016 consolidou a súa formación en 2018, reunindo a talentosos músicos da escena local: Valentín Fernández (voz principal), Gonzalo Campanella (guitarra solista), Álex Otero (guitarra rítmica), Jonathan Riveiro (batería) e Javier Franco (baixo).
O seu primeiro EP “The Grim Reaper” (2019) foi gravado nos “Estudios Mafia”, un disco conceptual acompañado dun cómic ilustrado. “Don’t leave your child alone” (2023) é un LP grabado en “Unreal Studios”, no que o grupo explora varios estilos do metal.
Septiembre Negro
Considerada a banda máis macarra da vila do Louro, Septiembre Negro nace a finais dos anos 80 e desde hai máis de 25 os seus compoñentes son Roky (guitarra e voz), Pato (bateria), Toñin (baixo) e Pedro (guitarra solista).