viernes, septiembre 27, 2024
InicioNewsActualidadeO Rosal organiza unha xornada de voluntariado para limpar a contorna das...

O Rosal organiza unha xornada de voluntariado para limpar a contorna das Aceñas

O domingo 6 de outubro realizarase unha acción de limpeza ambiental con saída ás 10:00 horas dende As Aceñas

O Rosal segue apostando pola preservación do medio ambiente. Esta vez, realizará unha nova convocatoria para unha xornada de voluntariado de limpeza ambiental.

O Concello do Rosal organizará o vindeiro domingo, 6 de outubro, unha nova saída coa que busca concienciar e implicar á veciñanza no coidado da contorna natural da localidade. O encontro comezará ás 10:00 horas na área recreativas das Aceñas, onde se procederá á recollida de residuos e á mellora do espazo.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o próximo xoves día 2, facendo unha chamado ao teléfono do Concello do Rosal.

“A protección do noso medio ambiente é unha responsabilidade compartida e xornadas como esta permiten que toda a veciñanza poida achegar o seu gran de area para manter limpa a nosa contorna”, salientou a concelleira de Voluntariado e Medio Ambiente, Beatriz Rodríguez, quen destacou tamén a importancia destas accións para fomentar a conciencia ecolóxica entre rosaleiros e rosaleiras.

As persoas participantes deberán levar luvas, aínda que o Concello proporcionará bolsas e luvas adicionais para quen o precise. A concelleira anima a toda a veciñanza a participar e “facer desta unha xornada de coidado e respecto pola nosa natureza”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS