jueves, noviembre 21, 2024
InicioO PaísA CoruñaO BNG presenta un informe sobre a situación xurídica e o coste...

O BNG presenta un informe sobre a situación xurídica e o coste dun posible rescate da AP9

O estudo destaca como clave que ao tratarse dunha prórroga ilegal a concesionaria non ten dereito a ser indemnizada por lucro cesante

O BNG presentou o informe que encargou á Universidade da Coruña sobre a situación xurídica e o custe dun posible rescate da AP9. O obxectivo do estudo era dar resposta a dúas preguntas. A primeira básase en se é ilegal a prórroga da concesión de 35 anos da AP9, é dicir, se é ilegal a prórroga de dez anos aprobada primeiro polo goberno do PSOE e a de 25 anos aprobada polo PP despois. A segunda básase no custo do rescate da AP9.

O informe conclúe que ampliar a concesión da AP9 dos 39 anos previstos na orixe da autoestrada en 35 anos adicionais representa, segundo a normativa europea, un cambio substancial no contrato inicial que non se pode realizar sen unha licitación previa. Polo tanto, a concesión directa da ampliación é ilegal porque viola a normativa europea e española e os principios de igualdade e de transparencia na contratación pública.

A outra cuestión clave do informe é a cuantificación do rescate ou recuperación da autoestrada que cifra en 904,6 millóns de euros, cantidade que corresponde ao valor de mercado. Unha cuantía que un terceiro estivo disposto a pagar pola AP9 en 2018 actualizada co IPC e restando o valor perdido polo feito de dispoñer a día de hoxe de seis anos menos de concesión.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS