O evento deportivo organizado por Interrunning Club en colaboración co Concello do Porriño apoiará Bicos de Papel, a AECC e o programa municipal de alimentos SOS Porriño
O vindeiro 6 de outubro O Porriño será escenario da II Carrera de Empresas de Galicia – XIII Interrunning, un evento que non só promove o deporte, senón que tamén aposta pola solidaridade, a inclusión e a integración. Este ano, a carreira apoiará a tres importantes entidades sociais: Bicos de Papel, a Asociación Española Contra o Cancro e o programa municipal de alimentos SOS Porriño, reafirmando o seu compromiso coa comunidade.
A isto hai que engadir a participación de DisCamino nesta edición. Tal e como explican desde a organización realizarase unha saída simbólica que marcará o inicio dun novo camiño da proba cara a inclusión. “O noso obxectivo é que en futuras edicións poidamos ofrecer unha proba completamente inclusiva, aberta a todas as persoas”.
Ademais, contan coa valiosa colaboración de voluntarios del Hogar e Clínica San Rafael de Vigo, que axudarán a garantizar que o evento se desenvolva de maneira organizada e exitosa.
“Convidamos a todos e todas a unirse a nós nesta celebración do deporte e a solidariedade. Xuntos, podemos facer da II Carreira de Empresas Galicia – XIII Interrunning un evento inolvidable e transformador”.
Inscricións abertas ata o 2 de outubro
Ás 9:30 h terá lugar a andaina Antonio Palacios de 6 km, totalmente plana, na que inclúe un circuito urbano polas obras do arquitecto porriñés, coincidindo co 150 aniversario do seu nacemento e o centenario da Casa Consistorial, e un circuito polo paseo do Louro.
Logo de acabar a andaina, sobre as 11.30 h, darase a saída a carreira de 5k / 10k, con inicio e fin na rúa Domingo Bueno, nun circuito urbano de 5 km, no que se pode optar por unha ou dúas voltas. Ao remate desta carreira, terá lugar “a carreira estrela, ‘Pitufos’, con velocidades que non se acadan nen nos 100 metros lisos das Olimpiadas”, para nenos e nenas nados a partir do 2019.
É unha carreira non competitiva, pero a máis emocionante de todas, salienta o
organizador. Para máis información e inscricións (ata o 2 de outubro): www.emesports.es .