sábado, septiembre 28, 2024
InicioConcellos +A CañizaVisitamos as obras de construción do ximnasio dentro do pavillón deportivo "Carballo...

Visitamos as obras de construción do ximnasio dentro do pavillón deportivo «Carballo do Mar»

O alcalde Luis Piña, acompañado da Teniente de Alcalde Mª José Rodríguez e do encargado da constructora ML GLOBAL SLU, visitaron a instalación de 55.62 m2 xa rematada e que se inaugurará este sábado 28 de setembro, ás 16.30h, nun acto conxunto entre o Concello e o CBC

A obra de construción do ximnasio que comezou o pasado 20 de xuño, tras rematar a tempada deportiva do CBC, contou cun investimento de 77.081,55€, subvencionado con cargo ás cantidades asignadas á Cañiza a través do Plan territorial +Provincia 2024 da Deputación e que o Goberno da Cañiza destina ás obras que considera de maior relevancia, neste caso á construción do novo ximnasio, dada a premura para instalar as máquinas por parte do Club.

Este é outro dos compromisos que Luis Piña adquiriu co Balonmán Cañiza para esta nova tempada e que xa é unha realidade que se inaugurará este sábado a partir das 16.30h, acto ao que están invitados todos os afecionados e veciños da Cañiza.

Na visita de onte o alcalde describiu esta actuación como “un novo servizo dentro do pavillón que permitirá ás xogadoras e xogadores do CBC mellorar o seu rendemento deportivo”.

COSTE DAS OBRAS E SUBVENCIÓN

O pasado 17 de xuño o concello asinou o contrato administrativo para a execución da obra coa empresa ML GLOBAL 24, SLU., que conseguiu a actuación cun prezo de licitación de 53.184,03 € máis o Ive 11.168,64€, sumando un total de 64.352,67€.  A empresa presentou unha oferta que rebaixaba o prezo inicial de licitación en 4.107,63€. Cantidade que tamén foi investida noutras melloras dentro do pavillón.

Uns costes de obra aos que se suman outros 8.621,25€ de honorarios adxudicados ao arquitecto Pedro González Souto. 5.136,45€ pola redacción do proxecto, 2.371,60€ pola dirección de obra e 1.113,20€ de coordinación de seguridade e saúde.

Un total de 77.081,55€ que o Concello costeou ao 100% a través do Plan + Provincia 2024 Liña 1-Investimentos da Deputación Provincial.

O PREMIO IBERDROLA ACADADO EN 2023 POLO CB CAÑIZA

O acondicionamento por parte do Concello deste espazo destinado a ximnasio, permite ao Club Balonmán invertir o premio IBERDROLA SUPERA 2023 na categoría “SUPERA COMPETICIÓN”.

Un galardón acadado en novembro de 2023, que recoñecía as mellores iniciativas postas en marcha en España a favor da igualdade de xénero na práctica deportiva e na que se premiaron a 6 proxectos de entre 900 candidaturas recibidas.

O proxecto gañador do CB Cañiza  «La fuerza del deporte femenino en el rural» conseguiu alzarse cunha dotación económica que o club destinou á adquisición de máquinas para ximnasio.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS