viernes, septiembre 27, 2024
InicioNewsComarcasPonteareas despide as Festas de Setembro coa celebración de San Miguel

Ponteareas despide as Festas de Setembro coa celebración de San Miguel

Durante o fin de semana haberá actividades para todas as idades e o domingo terá lugar o tradicional lanzamento dos globos de San Miguel

Esta fin de semana, Ponteareas finaliza as Festas de Setembro coa celebración de San Miguel. As actividades comezarán mañá, venres 27 de setembro, e prolongaranse ata o luns 30, festivo local polo día de San Miguel. A festa iníciase na tarde do venres co desfile dos xigantes e cabezudos que percorrerán as rúas do municipio acompañados dun grupo folclórico. Ás 20:30 horas, os veciños teñen unha cita no Auditorio Reveriano Soutullo co concerto da Coral Casablanca de Vigo, que estará adicado a Ángel Viro. A continuación, contaráse con dúas actuacións, ás 22:00 horas. Serán o concerto do compositor, cantante e músico galego Roi Casal (na praza Bugallal) financiado por Turismo de Galicia, e a actuación da orquestra Gran Parada (na praza Maior).

A música seguirá sendo a protagonista na segunda xornada, que comezará ás 20:00 horas co concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo. A agrupación participará en outubro no XVII Certame Galego de Bandas de Música Populares en Pontevedra. Pero, antes, ofrecerá un concerto exclusivo en Ponteareas no que interpretará as tres obras que presentará. As verbenas do sábado correrán a cargo da Orquestra Arizona (ás 22:00 horas na praza Maior) e da Orquestra Panamá Band (ás 23:00 horas na praza Bugallal).

A xornada do domingo comezará ás 10:30 horas coa tirada de foguetes, seguida do concerto da Banda Xuvenil de Xinzo nos xardíns da Xiralda. Esta mesma agrupación será a encargada de acompañar a procesión que sairá a continuación da misa solemne das 12:00 horas. Ás 13:30 horas todos os veciños, así como visitantes, reuniranse na praza Bugallal para lanzar os globos de San Miguel, unha tradición no municipio. Pola tarde, a actividade musical retomarase a partir das 19:00 horas co pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas de Paramos e co seu concerto no parque da Feira Vella ás 20:00 horas. O domingo despídese coa actuación da Orquestra Principal na praza Maior (22:00 horas).

O luns, festivo local por San Miguel, contarase pola mañá co espectáculo infantil ‘A bailar’ diante da Casa do Concello (11:30 horas) e pola noite coas actuacións de Ritmo Joven na praza Bugallal (21:00 horas) e do grupo América na praza Maior (22:30 horas), que contarán con dous pases cada unha.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS