sábado, septiembre 28, 2024
InicioNewsComarcasO popular Pablo Barcia, elixido novo alcalde de Mondariz

O popular Pablo Barcia, elixido novo alcalde de Mondariz

O popular Pablo Barcia xa é o novo alcalde de Mondariz. O portavoz do PP na vila tomou posesión está mañá nun pleno celebrado ás 8.30 horas, no que foi elixido alcalde por ser a segunda lista máis votada, con tres concelleiros, fronte aos cinco de AporM, que non postulou a ningún candidato ao cargo, os dous do BNG e un do PSOE.

Tras recoller o bastón de mando do Concello de Mondariz, Barcia ofreceu ao PSOE e BNG entrar no goberno local, consciente da situación de minoría na que lle toca gobernar ao PP, que necesita o apoio do resto dos grupos para sacar adiante os presupostos municipais e un plan de axuste. Tamén recoñeceu que houbo conversacións previas para formar un goberno forte, pero sen éxito.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS