jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasBibliofogar achegará a biblioteca ás parroquias de Soutomaior a partir de outubro

Bibliofogar achegará a biblioteca ás parroquias de Soutomaior a partir de outubro

Este servizo de extensión bibliotecaria que presta a biblioteca municipal de xeito gratuíto estará dispoñible ata maio do 2025

A concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, a bibliotecaria da Biblioteca Municipal Luís Seoane, Patricia R. Saavedra e a coordinadora de Bibliofogar presentaron esta mañá este servizo e a súa posta en marcha dende a vindeira semana e se prolongará ata maio do 2025.

Bibliofogar é un servizo de extensión bibliotecaria que presta a biblioteca municipal “Luís Seoane” de Soutomaior. O obxectivo é achegar a lectura a todas as persoas censadas no concello e facilitar o acceso aos recursos da biblioteca reducindo as barreiras físicas e de mobilidade, xa sexan por idade, por impedimento físico ou por mala comunicación e falta de medios para desprazarse.

O servizo préstase cunha furgoneta equipada con ordenador, acceso a Internet, mobiliario e material da biblioteca. Por un lado, faise o desprazamento aos domicilios das persoas que teñan algunha barreira física ou xeográfica que lles dificulte acudir á biblioteca de xeito presencial. Por outro lado, tamén se fai o desprazamento a centros de maiores e locais veciñais, onde son varias as persoas que se benefician a un tempo deste proxecto de achegamento da cultura.

Tal e como dixo nesta xornada a concelleira de Cultura, Silvia Cernadas, “o servizo de Bibliofogar duplicou o número de libros prestados no ano 2023 con respecto a 2022, pero queremos seguir ampliando o medio centenar de persoas usuarias e levalo a máis barrios do concello, unha ampliación que ratifica o compromiso de Soutomaior cos barrios da parroquia”.

De tal xeito o servizo de Bibliofogar chegará ao barrio de Moreira ( a antiga escola) o primeiro martes de cada mes, a Comboa (escola dos Moureiros) o segundo martes de cada mes, a Aranza ( escola de Aranza) o terceiro martes de cada mes e os últimos martes de cada mes ao Val-Sobral (Casa do Pobo).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS