O Maratón Fotográfico celebrará o seu XXVIII edición. Durante 24 horas os participantes deben capturar imaxes sobre catro temas que lles dará a organización. Iso si, deberán ser dentro dos límites do Concello de Vigo ou ter como obxecto principal a Vigo. O concurso comeza na praza do Pobo Galego ás 11.00 horas do 5 de outubro, na que se fará o control dos participantes e lembraranse as normas do concurso. Ás 12.00 horas darase a saída oficial e os catro temas. Despois de 24 horas, antes das 12.00 horas do día seguinte deberán entregar catro fotos que representen os temas propostos.
Este ano contan con dúas categorías máis, xuvenil e infantil, que inclúen aos máis novos. Desde a organización entenden que as fotos son unha forma de linguaxe que as novas xeracións cada vez usan máis para comunicarse. Unha forma de expresión.
As inscricións xa está abertas na súa páxina web, xa levan 100 participantes, e estarán abertas ata o 4 de outubro ás 15:00h. De todos os xeitos, o mesmo día poderanse inscribir e pagala no momento. A cota serán 15 euros.