lunes, noviembre 25, 2024
InicioO PaísA CoruñaPontón a Rueda: “Vai facer que Galiza quede como comunidade de segunda”

Pontón a Rueda: “Vai facer que Galiza quede como comunidade de segunda”

A líder do BNG advertiu no cara a cara no Parlamento que a deslealdade de Rueda rebaixa o status do País ademais de supoñer a perda de millóns de euros:

A portavoz nacional, Ana Pontón, levou o debate do financiamento á sesión de control, xa que é un asunto capital para Galicia. A líder do BNG considera que o presidente da Xunta actúa ao servizo do PP de Madrid executando as ordes que lle chegan da rúa Génova. Según Pontón, isto o fai a costa de “pisotear” os intereses dos galegos.

A líder do BNG advertiu no cara a cara no Parlamento que a deslealdade de Rueda rebaixa o status do País ademais de supoñer a perda de millóns de euros. “Por entregarse ao egoísmo do centralismo madrileño vai facer que Galiza quede como comunidade de segunda”, denunciou. Ana Pontón destacou que o servilismo e a submisión do xefe do Executivo ao centralismo explica que rexeite á quita da débeda negociada polo Bloque e pechar a porta a que Galiza teña “a chave dos seus cartos coma xa ten Euskadi e vai ter Catalunya”, explicou.

“Cando cruzou a porta da Moncloa non levaba o traxe de presidente da Xunta, senón o uniforme de obediente militante do Partido Popular madrileño”, recriminoulle en alusión
á súa reunión co presidente do Goberno central, Pedro Sánchez.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS