jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsActualidadeO Porriño acollerá a final da Copa Galicia Femenina de Baloncesto

O Porriño acollerá a final da Copa Galicia Femenina de Baloncesto

Será unha doble final coas categorías LF2 o venres 27 e Sénior o domingo 29, no pavillón municipal dos deportes

O pavillón municipal de deportes do Porriño será a sede dos eventos centrais da Copa Xunta de Galicia Feminina de Baloncesto, organizados pola Federación Galega de Baloncesto e o Porriño Baloncesto Base (PBB) coa colaboración da Concellería de Deportes do Porriño. Trátase dunha doble final, xa que nesta 37ª edición haberá unha final Sénior e outra específica para os equipos de Liga Feminina 2.


A presentación da Copa Galicia Feminina tivo lugar está mañá na Casa Consistorial, coa presencia de Alejandro Lorenzo, alcalde, Abel Estévez, concelleiro de Deportes, Julio Bernárdez Álvarez, presidente da Federación Galega de Baloncesto, Rafael Alonso Lago, membro da directiva do Porriño Baloncesto Base, e Carlos Álvarez, presidente do club de baloncesto feminino Celta Zorka Recalvi.


“Cando a Federación Galega se puxo en contacto para que organizáramos este evento, non o dudamos. Temos un club en Porriño que o está facendo moi ben e desde o Concello apoiamos enormemente o deporte feminino”, comenta Abel Estévez.


“No PBB estamos encantados de poder organizar esta competición. Gracias á Federación por ternos presente e darnos está visibilidade”, contesta Rafael Alonso Lago. Carlos Álvarez, “a ver si temos sorte de poder chegar á final, a pesar de que estamos un pouco
lesionadas”.

“O baloncesto feminino é empoderamento e un auténtico espectáculo”, Julio Bernárdez “Este evento ten un interese especial. Desde a xunta de goberno da Federación, temos dous obxectivos claros: o desenvolvemento do deporte de base e o desenvolvemento do deporte feminino”, comenta Julio Bernárdez. “Xa estamos máis cerca da paridade, cun 36% de licencias femininas”, prosigue. “Somos unha das comunidades autónomas con máis presencia na Liga Endesa, con tres equipos.

Quero agradecer a disposicón do concello de albergar este evento aquí, e cunha mención especial a Rafa e Icía e os demáis membros do PBB, porque vai ser unha competición organizada con moito coidado e amor, como é habitual neles”. “O baloncesto feminino é empoderamento e un auténtico espectáculo”, conclúe Bernárdez, salientando a que desde a Federación e os medios de comunicación estase facendo un esforzo por dar visibilidade ao deporte feminino.


Lorenzo declara que “é un luxo que se celebre a Copa Galicia no Porriño, o concello do deporte. O deporte feminino é o reflexo do deporte actual”. “O domingo podemos comer os callos a mediodía e logo imos todos a gozar do partido”, remata o rexidor.


Calendario de partidos
O venres 27 de setembro ás 18:00 h terá lugar a final da Copa Galicia Feminina LF2 entre os equipos Mariscos Antón Cortegada e Maristas Coruña.


Ás 20:00 h está prevista a segunda semifinal da Copa Galicia Sénior Feminina entre o Durán Maquinaria Enseñanza e o Celta Femxa Zorka. A primeira semifinal disputouse o pasado 12 de setembro en Pontevedra, na que o Baxi Ferrol se impuso ao CB Arxil. Os partidos do venres serán retransmitidos en directo a través de FEGABA TV, a canle da Federación Galega de Baloncesto en YouTube.


As ferrolanas xogarán a Final coas vencedoras desta segunda semifinal o vindeiro domingo 29 ás 17:15 h, un partido que se emitirá en directo pola TVG.

As entradas pódense adquirir na app Cluber por 5,18€ por día para persoas adultas. Tamén estarán á venda na entrada do pavillón antes dos partidos. Os menores de idade poderán entrar de balde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS