Con máis de 50 anos de historia, un ano máis volve á localidade a Festa do Marisco a partir do 3 de outubro ata o 13
O Grove xa ten todo listo para unha das súas grandes citas gastronómicas e culturales, a Festa do Marisco. Esta celebración está declarada como festa de Interés Turístico Nacional dende o ano 2013, polo que é unha das mellores ocasións para degustar o produto local.
Desta forma, a localidade acollerá durante 10 días unha ampia programación de actividades, concertos e os mellores platos onde o marisco local será o protagonista.
A gastronomía ao alcance de todo o mundo
O espazo da Ponte do Pilar en O Grove será o centro de toda a actividade e tamén, onde poderán degustarse as diferentes racións.
Os prezos varían en función da ración, pero pódense encontrar opcións como a empanada de atún (ración) a 4,20 euros ou mejillóns ao vapor a 5,50, entre moitas outras propostas.
Tamén haberá bebida e postre para que os asistentes poidan ter un menú completo.
Por outro lado, na web da Festa do Marisco habilitaron unha ferramenta que permite calcula o importe do pedido e pagarlo nas caixas que disporá o Concello nos días de festa.
A música, outro dos grandes atractivos do Marisco
Os concertos que forman parte da programación da Festa do Marisco son outro dos grandes atractivos da cita da comarca do Salnés, xa que, ademis de traer a artistas referentes, son gratuítas.
Neste 2024, as actuacións programadas na plaza do Corgo son:
- 3 de outubro: Caballito + Freshkiños a partir das 21:00 horas.
- 4 de outubro: The Rapants + Mondra + DJ Djow desde as 22:00 horas.
- 5 de outubro: Delaporte + Carlangas y los Cubatas + o dúo de DJs Serial Killerz dende as 22:00 horas.
- 6 de outubro: Cinco en Zocas + Guadi Galego dende as 22:00 horas.
- 7 de outubro: Os Firrás + Arroba de Viño ás 22:00 horas.
- 8 de outubro: Fla-Meco ás 22:00 horas.
- 9 de outubro: A Banda do Sequío ás 22:00 horas.
- 10 de outubro: Os Carismáticos + Santero y los Muchachos ás 22:00 horas.
- 11 de outubro: Queralt Lahoz + Ariel Rot + DJ Nanein ás 22:00.
- 12 de outubro: La Pegatina + Terrae + Manu TF ás 22:00 horas.