martes, diciembre 3, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoO Concello de Vigo axiliza os trámites relacionados co padrón

O Concello de Vigo axiliza os trámites relacionados co padrón

O rexistro administrativo triplica os seus portelos e elimina a necesidade de cita previa

Cinco portelos a maiores e a eliminación da cita previa foron as novedades principais do padrón. Abel Caballero, o alcalde de Vigo, anunciou onte un importante reforzo para atender os trámites relacionados co rexistro administrativo. Este era o principal causante das colas –e as queixas– na lonxa municipal. O número de portelos pasará das dous actuais a sete e non será necesario acudir con cita previa. O volante do padrón é un documento requirido para solicitudes de todo tipo, como asuntos educativos o axudas sociais. “Seguimos mellorando o servizo aos vigueses”, resumiu o rexedor.

Acurtar os tempos de espera e lograr que as colas sexan puntuais e anecdóticas son os obxectivos principais destas modificacións. Caballero destacou que todo o mundo será atendido sen cita previa, basta con sacar número e esperar quenda a través das distintas pantallas instaladas na lonxa do Concello.

Por tanto, o principal reforzo será humano, tras a evolución de dous portelos a sete. Outra novidade é o servizo de notificacións municipais, mediante o cal o Concello envía un SMS ao cidadán coa ligazón para descargar o documento do trámite solicitado. No caso de que non poida ou saiba facelo, poderá imprimilo directamente na oficina do Rexistro, sen necesidade tampouco de cita previa. O alcalde explicou que a pesar de que moitos trámites da oficina do padrón e doutros servizos municipais poden solicitarse por vía telemática “non todo o mundo é capaz de facelo”, en alusión ás persoas maiores, polo que se deben ofrecer estes servizos de forma presencial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS